19 abr 2021

Fútbol Gaélico

Recentemente o seleccionador galego de Fútbol Gaélico estivo de visita en Vigo onde realizou unha clase maxistral aos xogadores de Keltoi nas instalacións do Campo de fútbol do Apóstol Santiago.

O fútbol gaélico é un deporte de orixe irlandesa, que ten consideración de deporte nacional nese país e a grandes liñas é unha mestura entre o fútbol e o balonmán, onde o obxectivo é marcar máis puntos que o rival ben marcando goles na portería (con valor de 3 puntos) ou lanzando o esférico entre 2 paus similares aos existentes en rugby (con valor de 1 punto)

O fútbol gaélico é un deporte especialmente de habilidade, ofensivo e que ten un ritmo frenético que engancha rapidamente. A pesar de moitos non o coñezan é un deporte moi antigo, de feito a GAA, a institución que o regula, naceu no ano 1884 (moito antes que existise a FIFA por exemplo).

En Irlanda a final de fútbol gaélico do All Ireland é o evento do ano e reúnense máis de 85.000 espectadores no Croke Park de Dublin. De feito, na última final previa ao Covid, houbo máis espectadores vendo o partido en directo que na Final da Champions League entre o Liverpool e o Tottenham.

A pesar de mover cifras millonarias en Irlanda, fútbol gaélico é totalmente amateur e non está permitido cobrar por xogalo, así como de fichar xogadores doutros clubs, permitindo con iso unha igualdade entre os clubs e condados que axuda a crear un vínculo especial entre o público e os clubs, xa que todos os beneficios das entradas e publicidade retorna aos clubes locais.

A Galicia chegou o fútbol gaélico hai 10 anos e é o único territorio de España onde existe unha liga regular deste deporte, aínda que existen outros clubs na península formados fundamentalmente por expatriados irlandeses; por este motivo Galicia está recoñecida como condado propio e participa de forma oficial en competicións internacionais, sendo a única selección galega que compite en mundiais e europeos de forma oficial.

Galicia tanto en categoría masculina e feminina é unha potencia neste deporte, alcanzando postos de pódium nos europeos como xogos mundiais celebrado ata a data.

Co fin de actualizar e mellorar a técnica dos xogadores galegos, Keltoi Vigo convidou o seleccionador galego a dirixir un adestramento específico aos xogadores enfocado na parte defensiva, que se desenvolvo nas magníficas instalacións do campo de Fútbol do Apóstol Santiago, onde Keltoi adoita adestrar e xogar amigables.

Para finalizar dicir que o fútbol gaélico é un deporte federado, que está adscrito en Galicia á federación galega de fútbol e o club Keltoi Vigo está sempre aberto á incorporación de novos xogadores e xogadoras que queiran coñecer o noso deporte. Para máis información sobre o noso club e deporte enviar un correo a keltoivigo@gmail.com ou na nosa web keltoivigo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario