Inscrición Deporte Federado Tempada 2026-27
Ximnasia Rítmica · Baloncesto · Fútbol · Fútbol Sala · Kárate
Estimadas familias:
Póñome en contacto con vos co gallo de programar os diferentes equipos das distintas seccións
da tempada que ven.
Como xa é habitual, os deportistas que NON ESTUDIAN no Colexio Apóstol
farán a inscrición entregando a ficha que vai neste documento en papel ou vía correo electrónico.
Pídovos que, no caso de que esteades interesados en que o voso fillo/a participe no deporte
federado da próxima tempada, o apuntedes ANTES DO DÍA 15 DE XUÑO.
No caso de non ser así, faremos a programación dos equipos sen contar con el/ela.
Unha vez feita a inscrición, pedimos o máximo compromiso.
Información da tempada
Nun posterior comunicado, que sairá a mediados de xullo, mandaremos aviso vía Alexia de que
no Blog de deporte federado está colgada a táboa cos equipos definitivos para a tempada,
o seu horario de adestramento e a data de comezo da pretempada.
Se necesitades ir facendo unha estimación de días e horarios, podedes tomar como referencia
os deste ano, que, na medida do posible, intentaremos respectar.
Cuestións a ter en conta
Os nenos e nenas que o ano que ven cursen 1º de EP poderán participar
dos deportes federados, adestrando dous días da semana e xogando partidos na fin de semana.
Hai prazas limitadas en función das que permite a federación en cada deporte
e dos criterios organizativos do club.
As prazas serán concedidas por orde de inscrición.
Os adestramentos empezarán en setembro e finalizarán o mesmo día que finalicen
as clases en xuño de 2027.
Igual que esta tempada que remata, Kárate comezará os adestramentos en SETEMBRO,
como o resto dos deportes federados do club. Polo tanto, hai que facer a preinscrición agora en maio.
Prezo da actividade
O prezo total da actividade está repartido da seguinte maneira:
Pasarase unha cota de 59 € en concepto de inscrición e reserva de praza
en agosto e 10 cotas de 39 € de setembro de 2026 a xuño de 2027.
A cota de inscrición e reserva de praza non se devolverá en ningún caso.
Unha vez confirmada a praza, o tempo mínimo de permanencia no equipo é de 4 meses.
Lémbrase que para poder inscribir a calquera deportista cómpre ter liquidado o saldo negativo
do curso anterior, no caso de existir algún recibo pendente.
Descargar documento
Podedes descargar a circular completa no seguinte enlace:
Dúbidas e contacto
En caso de algunha dúbida, non dubidedes en consultalas no correo
coordinacionparaescolares@colegioapostol.com
.
Recibide un agarimoso saúdo.
Coordinación de Paraescolares y Deporte Federado