26 may 2026

INSCRIPCIÓN DEPORTE FEDERADO TEMPADA 2026-27

Inscrición Deporte Federado Tempada 2026-27

Ximnasia Rítmica · Baloncesto · Fútbol · Fútbol Sala · Kárate

Estimadas familias:

Póñome en contacto con vos co gallo de programar os diferentes equipos das distintas seccións da tempada que ven.

Como xa é habitual, os deportistas que NON ESTUDIAN no Colexio Apóstol farán a inscrición entregando a ficha que vai neste documento en papel ou vía correo electrónico.

Pídovos que, no caso de que esteades interesados en que o voso fillo/a participe no deporte federado da próxima tempada, o apuntedes ANTES DO DÍA 15 DE XUÑO.

No caso de non ser así, faremos a programación dos equipos sen contar con el/ela. Unha vez feita a inscrición, pedimos o máximo compromiso.

Información da tempada

Nun posterior comunicado, que sairá a mediados de xullo, mandaremos aviso vía Alexia de que no Blog de deporte federado está colgada a táboa cos equipos definitivos para a tempada, o seu horario de adestramento e a data de comezo da pretempada.

Se necesitades ir facendo unha estimación de días e horarios, podedes tomar como referencia os deste ano, que, na medida do posible, intentaremos respectar.

Cuestións a ter en conta

Os nenos e nenas que o ano que ven cursen 1º de EP poderán participar dos deportes federados, adestrando dous días da semana e xogando partidos na fin de semana.

Hai prazas limitadas en función das que permite a federación en cada deporte e dos criterios organizativos do club.

As prazas serán concedidas por orde de inscrición.

Os adestramentos empezarán en setembro e finalizarán o mesmo día que finalicen as clases en xuño de 2027.

Igual que esta tempada que remata, Kárate comezará os adestramentos en SETEMBRO, como o resto dos deportes federados do club. Polo tanto, hai que facer a preinscrición agora en maio.

Prezo da actividade

O prezo total da actividade está repartido da seguinte maneira:

Pasarase unha cota de 59 € en concepto de inscrición e reserva de praza en agosto e 10 cotas de 39 € de setembro de 2026 a xuño de 2027.

A cota de inscrición e reserva de praza non se devolverá en ningún caso. Unha vez confirmada a praza, o tempo mínimo de permanencia no equipo é de 4 meses.

Lémbrase que para poder inscribir a calquera deportista cómpre ter liquidado o saldo negativo do curso anterior, no caso de existir algún recibo pendente.

Descargar documento

Podedes descargar a circular completa no seguinte enlace:

Dúbidas e contacto

En caso de algunha dúbida, non dubidedes en consultalas no correo coordinacionparaescolares@colegioapostol.com .

Recibide un agarimoso saúdo.

Coordinación de Paraescolares y Deporte Federado

No hay comentarios:

Publicar un comentario