Estimadas familias:
Escríbolles para informalos de que o próximo DOMINGO 16 de xunio , e coa colaboración da Anpa do colexio Apóstol Santiago, terá lugar no centro a FESTA DAS FAMILIAS do deporte FED. A idea é a de ter un momento de encontro, deporte e convivenza entre todos os nenos e nenas que fixeron deporte federado, as súas familias e os adestradores a adestradoras que os acompañaron ao longo de toda a tempada.
DATA: domingo 16 de xunio do 2024.
SITIO: instalacións do Colexio Apóstol Santiago.
PARTICIPANTES: todos/as os deportistas do Club Apóstol Santiago, as súas familias e os adestradores e adestradoras do club.
PRAZAS DISPOÑIBLES: ilimitadas. Participación libre. DEPORTES: baloncesto, fútbol, Fsala, karate, ximnasia rítmica. HORARIO:
09:45h Apertura do colexio
10.00h Benvida
10:10h Comezo das actividades deportivas
13:30h Fin das actividades deportivas. Duchas
13.45h Comida
15:30h Despedida. Peche do colexio
PARKING: utilizaremos o parking da igrexa e o parking de familias. Abrirán as 9:45h.
DEBERÁN TRAER: virán vestidos co chándal FED por enriba da roupa de competición. Mochila coa roupa de adestramento (ou a de EF do colexio) e o necesario para a ducha. Botas de xogo (F8). Crema solar.
ACTIVIDADES: partidos entre nenos e familias, adestramentos conxuntos, partidos cos adestradores, partidos entre os nenos e nenas de todas as seccións, outros deportes (bolei, aeróbic…)…
Comeremos xuntos no colexio, os que así o consideren. Traeremos unha foodtruck con dous menús de 6€ de custe. A idea é que non teñamos problemas de abastecemento, pero agradecemos a reserva anticipada para facer unha mellor estimación. Os que queiran, poden realizar a reserva completando o seguinte cuestionario: RESERVA COMIDA
A data límite para poder apuntarse será o martes 11 de xuño. Entre os que fagan esta reserva a Anpa realizará un sorteo.
Póñome ao seu servicio para todo aquelo que poidan necesitar no correo jose.martinez@colegioapostol.com ou anpa@colegioapostol.com .
Esperando que sexa unha actividade do seu interés, despídome. Reciban un cordial saúdo.
Jose Martínez Rey
Coordinador de Actividades Paraescolares
No hay comentarios:
Publicar un comentario