Concurso: novo deseño do suadoiro de deporte federado
O Club Apóstol Santiago pon en marcha un concurso entre o seu alumnado deportista federado para escoller un novo deseño de suadoiro de deporte federado. Trátase de crear unha imaxe que nos identifique como club, que reflicta os nosos valores e coa que todos e todas nos sintamos parte do mesmo equipo.
📣 Carta ás familias
Benqueridas familias:
Como xa sabedes, este curso será o último no que utilicemos o actual deseño do suadoiro de deporte federado. De cara ao próximo CURSO académico, queremos dar un paso máis e contar cun suadoiro que teña identidade propia, que nos represente e co que todos nos sintamos parte do mesmo equipo. O deseño do suadoiro terá continuidade, evitando a necesidade de renovalo periodicamente.
Por iso, pensamos en propoñer un concurso de deseño entre os nosos e nosas deportistas de deporte federado. A idea é que quen desexe participar propoña un deseño sinxelo e discreto, que reflicta a filosofía e os valores do noso club. Non se trata de deseñar as pezas senón unha imaxe representativa que aparecería no propio chándal.
O deseño gañador servirá de base para crear o novo suadoiro, e a súa autora ou autor recibirá un agasallo de agradecemento por parte do colexio.
En adxunto enviámosvos un documento coas bases do concurso, cos prazos, formato de presentación e criterios de valoración.
Ilusiónanos moito implicar as nosas e os nosos deportistas neste proceso creativo e ver como elas e eles mesmas axudan a construír a imaxe do club ao que representan.
Un saúdo,
Club Apóstol Santiago
Poden consultarse os documentos aquí:
🎨 1. Obxectivo do concurso
Con motivo do cambio de modelo de chándal para a próxima tempada, o Club Apóstol Santiago quere contar cun deseño propio que reflicta a nosa identidade, espírito de equipo e valores deportivos.
O obxectivo é implicar aos nosos e ás nosas deportistas no proceso creativo, fomentando o sentido de pertenza e orgullo polo noso club.
O deseño terá vocación de continuidade, evitando a necesidade de renovalo periodicamente como ocorría en ciclos anteriores.
👥 2. Participantes
Poderán participar todos e todas as deportistas que formen parte dos equipos de deporte federado do club durante o presente curso escolar.
🧩 3. Características do deseño
O deseño deberá:
- Ser sinxelo, discreto e coherente coa imaxe do colexio.
- Reflictir os valores do deporte e a filosofía do colexio: traballo en equipo, compromiso, esforzo, compañeirismo e humildade.
- Presentarse en formato dixital ou debuxado a man (neste caso, escaneado ou fotografado con boa calidade).
Os deseños poderán enviarse:
- Por correo electrónico cun PSEUDÓNIMO para garantir a confidencialidade a: administracion@clubapostol.com
- Ou entregarse impresos nun sobre pechado na portaría do colexio.
No sobre deberá constar:
- O deseño que se presenta a concurso.
- Título ou breve explicación do deseño (máx. 5 liñas).
- Nun sobre pechado dentro do sobre principal deberán constar o nome e apelidos do alumno/a, curso e equipo.
⏰ 4. Prazo de entrega
Prazo de entrega: desde este momento ata o 15/12/2025 (incluído).
🏅 5. Selección do deseño gañador
O xurado comprométese a descoñecer a autoría dos deseños presentados e estará composto por:
- Membro do equipo directivo do colexio.
- Responsable da indumentaria deportiva do clube.
- Coordinador de actividades paraescolares.
- Coordinadores de deporte federado.
- Representante da Anpa.
O xurado valorará especialmente:
- A identidade co colexio e o club deportivo.
- A orixinalidade e coherencia do deseño.
- A viabilidade de produción.
O xurado reservarase o dereito de declarar o concurso deserto no caso de que ningún dos deseños cumpra cos criterios de adecuación ou coherencia coa identidade do colexio, ou simplemente non resulte suficientemente adecuado para a súa reprodución nos suadoiros.
🎁 6. Premio
O autor ou autora do deseño gañador recibirá un agasallo de agradecemento por parte do colexio, consistente no novo chándal completo e unha mochila.
📜 7. Propiedade e uso do deseño
O deseño gañador pasará a ser propiedade do club, que poderá realizar as adaptacións necesarias para a súa produción final e uso institucional.
✅ 8. Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario