Vigo Cup 2026
Deporte FED · Club Apóstol
Estimadas familias:
Póñome en contacto con vostedes para comunicarlles que o Club Apóstol Santiago ten pensado participar na XXV Vigo Cup, torneo de F8 e F11 que se desenrola en distintos campos da nosa cidade do 22 ao 28 de xuño.
Por limitacións organizativas e de persoal dispoñible nestas datas, a idea é a de presentar 5 equipos, un por categoría.
Categorías e número de fichas
Inscrición
No caso de que esté interesado en que o seu fillo/a participe, deberá cumprimentar o seguinte cuestionario:
A data límite para poder apuntarse será o venres 29 de maio.
Dado que hai un número de fichas limitado, a asignación das mesmas realizarase por orde de inscrición. Os nenos e nenas deberán estar dados de alta no club no mes de xuño.
Fechas importantes
Custo da actividade: 15 €, que se pasarán mediante recibo bancario.
Participación con outro club
Os nenos e nenas que queiran participar con outro club deberán presentar, segundo indica a organización do torneo, un permiso por escrito do Club Apóstol.
Esta carta de liberación de ficha poderá solicitarse ao coordinador de fútbol no correo de coordinación coordinacion.futbol@clubapostol.com , quen a tramitará sen ningún tipo de problema.
Agardando que sexa unha actividade do seu interese, reciban un cordial saúdo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario